Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 5 PRAZAS CON CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DA MERCA

02 Xun 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello da Merca anuncia a convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada 2018, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 30 de maio de 2018:

1 xef@ de brigada

1 pión-condutor/a

3 pións

Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

Duración: 3 meses.

Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista

Bases da convocatoria: publicadas no taboleiro de edictos nas oficinas municipais e na paxina web do concello.

Lugar e prazo de presentación de instancias: rexistro xeral do concello da Merca, no prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.

                                                                              

Volver