5 POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE BEARIZ
Comporán a brigada forestal
O concello de Beariz fai pública no BOP do 22 de xuño a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para os postos de traballo dunha brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais, composta por un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión condutor/a e 3 pións. A modalidade do contrato serán contratos temporais por obra ou servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de 3 meses e para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de dous días naturais dende o seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia. As bases específicas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello de Beariz

