5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Crean a brigada antiincendios forestais
O concello de Vilar de Santos publica no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación laboral seguinte:
1.- Número de prazas: 5 (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar)
4 pións de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
1 xefe/a de brigada de prevención e defensa-extinción contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporalpara obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa
4.- Sistema de selección: concurso de méritos
5.- Duración do contrato: 3 meses.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP (15/6/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas.
7.- O texto integro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

