Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

22 DE MAIO (XOVES) CONCENTRACIÓN EN OURENSE CONTRA A REPRESIÓN A SINDICALISTAS E TRABALHADORES/AS

14 Mai 2014

A CIG e outras centrais sindicais convocan umha xornada de concentración en toda Galiza contra a represión imposta pola Administración de Xustiza e polo Goberno contra trabalhadores/as e sindicalistas

No 2014 os Xulgados espanhois tenhen abertos mais de 40 procesos penais contra sindicalistas, por feitos ocorridos nas últimas folgas xerais. En total as penas solicitadas pola Fiscalía contra os integrantes dos piquetes suman 140 anos de cárcere.

Tal e como sinala Ignacio Escolar en: www.eldiario.es: "Hai que remontarse ao proceso 1001, cando o franquismo agónico xulgou á dirección de Comisións Obreiras, pra atopar un momento na historia do Estado no que máis sindicalistas se xogasen a entrada en prisión. Aquelas condenas do Tribunal de Orde Pública en 1973 foron moi duras, pero pouco despois o Tribunal Supremo da ditadura rebaixounas: seis anos de cárcere para Marcelino Camacho; cinco para Nicolás Sartorius. Hoxe a Fiscalía pide oito anos contra os sindicalistas de Airbus que participaron nun piquete durante unha folga xeral".

Na Galiza temos 4 casos de trabalhadores e trabalhadoras condenados a 3 anos e 1 día de cárcere por participar en piquetes de distintas folgas xerais.

Ana e Tamara, dúas empregadas dumha instalación deportiva de Pontevedra, condenadas polo simples feito de participar, diante da súa empresa, numha manifestación na que umha persoa, non identificada, guindou un bote de pintura a umha piscina do centro de trabalho no que se realizaba a protesta. Nen sequera foron acusadas de seren elas as responsabeis de tirar o bote de pintura. Abondou conque participaran na manifestación pra que o Xulgado considerase que cometeron un delicto contra a liberdade dos trabalhadores/as, impóndolhe umha pena, a cada umha, de 3 anos e 1 día de prisión.

Serafín e Carlos, dous condutores de Vitrasa en Vigo, sentenciados a 3 anos e 1 día de prisión por participar nun piquete na folga do transporte da súa empresa. A acusación, a mesma: delicto contra a liberdade dos trabalhadores/as. Estragos: nengún.

A lei do funil. Mentres viven a corpo de rei os xerifaltes do Partido Popular, acusados de financiarse con dinheiro negro, os banqueiros afíns, logo de estafar coas preferentes a ducias de trabalhadores e trabalhadoras, os membros da realeza, desviando fundos públicos pra beneficio proprio e, mesmo, os narcos, aproveitándose da restrición da lei de xustiza universal aprobada polo PP; os trabalhadores e as trabalhadoras que reclaman os seus dereitos son perseguidos e reprimidos dun xeito brutal, a imporselhe condeas incríbeis de mais de 3 anos de prisión.

Non só ten responsabilidade o Goberno que nos tocou padecer, tamén certos fiscais e xuices que asinan, cumha mau, sentenzas durísimas contra os trabalhadores/as, mentres, coa outra, conceden, sen interpretacións, a liberdade a narcotraficantes, por efecto da restrición da lei de xustiza universal do PP.

Móvete connosco contra a represión e o fascismo !!!

Volver