Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

2017: HORARIO DOS LOCAIS DA CIG EN VERIN E XINZO DE LIMIA E CALENDARIO DE ATENCIÓN DA ASESORÍA XURÍDICA

04 Feb 2017

Os días e horarios de atención aos trabalhadores/as nos locais da UL da CIG de Verín e Xinzo de Limia, no 2017, serán os seguintes:
 
* Local de Verín. Telefone: 988412345: de luns a venres, en horario de manha e tarde
* Local de Xinzo de Limia. Telefone: 988462583: martes, en horario de manha e tarde
 
O procedimento pra solicitar cita coa avogada responsábel do Servizo de Asesoría Xurídica da CIG e os días de atención, no 2017, serán os seguintes:
 
a) Quen desexe ser atendido/a pola Asesoría Xurídica deberá solicitar cita previa ou ben chamando ao telefone: 988412345 ou ben comparecendo nos locais da CIG de Verín (de luns a venres) ou Xinzo de Limia (martes).
 
b) Os días de consulta da avogada serán os martes de cada semana, en horario de 17.00 a 20.00 e desenvolveranse no local da CIG de Verín (Rúa doutor Pedro González nº 5-1º andar).
 
c) O servizo de Asesoría Xurídica só atende casos laborais, administrativos, contencioso administrativos e penais de
rivados de casos laborais (non se atenden asuntos civís, nen penais)
 
d) Os/as afiliados/as tenhen dereito a solicitar cita na asesoría xurídica, sempre que estean ao corrente de pagamento nas súas cotas sindicais.
 
e) Os trabalhadores/as non afiliados/as tenhen dereito a solicitar cita na asesoría xurídica, sempre que se afilien e paguen a cota de acceso á aseoría xurídica (100 €)
 
f) Por medio do apartado "Servizos/Servizo de Asesoría Xurídica" da páxina web da CIG de Verín poden facerse consultas simples que non precisen estudo para a súa resposta, mais non poden exporse casos xurídicos, nen formularse consultas complexas. Pra isas materias será preciso solicitar cita presencial coa avogada do Servizo no local de Verín. En todo caso, a cualificación das consultas, como simples ou complexas, corresponderá a propia CIG que será a competente de atender a consulta, por medio da web, ou non atendela e derivala ao servizo presencial de Asesoría Xurídica.
 
UL CIG VERIN E A LIMIA

Volver