Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

2º REUNION DA COMISIÓN DE CONTROL DO PROCESO SELECTIVO DO CONCELHO DE VERIM

11 Xun 2021

A CIG vai a avaliar nos próximos días a súa postura en relación co que poida dar de si a falta de garantía da cadea de custodia do exame dende ladeiras distintas á administrativa

O venres 11 de xunho levouse a cabo a segunda xuntanza da comisión de control de procesos selectivos do concelho de Verím, co obxecto de elaborar un ditame sobre unha praza de trabalhador/a social.
O desenvolvimento da comisión foi o que a seguer fica explicado:
A comisión logo de constituírse, entrevistou individualizadamente a todas/os os membros do tribunal selectivo, así como, á trabalhadora que elaborou as preguntas da proba teórica. Estas entrevistas alongáronse por espazo de catro horas, entre as nove da manha e a unha do mediodía.
Unha vez rematas as entrevistas, a comisión acordou que, cada integrante (CIG, CSIF, CCCOO E GRUPO DE GOBERNO) elaborase unha proposta de ditame e a fin de que todas as propostas elaboradas fora avaliadas en conxunto pola comisión o próximo xoves día 17 ás 13 horas.

Alén do exposto a CIG fai as seguintes avaliacións do acontecido no día de hoxe:

1) Confirmamos a nosa inicial impresión de que o desenvolvimento do proceso selectivo non respectou o procedemento legalmente establecido:

- Non houbo acta de constitución do tribunal.
- Non houbo designación da suposta asesora que elaborou as preguntas do proceso selectivo.
- Non houbo nengún temario da proba ( malia o declarado polo alcalde do concelho)
- Producíronse diversas contradicións entre os membros do tribunal ao redor da alegación de anomalías (varios reconheceron que esta alegación fora asumidas por todos)
- Finalmente, non existiu garantía da cadea de custodia da proba elaborada.

2) Ademáis da anterior confirmación a CIG vai a avaliar nos próximos días a súa postura en relación co que poida dar de si a falta de garantía da cadea de custodia do exame dende ladeiras distintas á administrativa.

Volver