Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

15 POSTOS DE TRABALLO NA MANCOMUNIDADE CONSO FRIEIRAS

02 Xun 2017

Son prazas para as brigadas antiincendios forestais

A mancomunidade Conso Frieiras publica no BOP do 2 de xuño a contratación de persoal laboral temporal. Trátase das seguintes prazas

Nove (9) pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Tres (3) pións-condutor@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Tres (3) xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

 

Modalidade contractual

A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses os pións de brigada, pións condutor@s de brigada e os xef@s de brigada.

3.- Procedemento selectivo e documentación

A establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas  por decreto da Presidencia do 5 de maio de 2017.

4.- Prazo de presentación de instancias

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Gudiña (sede da Mancomunidade) durante o prazo de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (2/6/17).

As contratacións están financiadas a través do Convenio entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a

Mancomunidade I.V. Conso-Frieiras para a creación de 3 brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

Volver