13º SALÓN DA PREVENCIÓN E DA SEGURIDADE LABORAL "PREVISEL"
Celebrarase no recinto feiral "Expourense" os días 11 e 12 de abril
O recinto feiral Expourense acollerá o vindeiro mércores 11 e xoves 12 a 13º edición consecutiva que se leva a cabo, sendo o foro máis lonxevo de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, e o único que sobrevive na actualidade.
A CIG, ademáis de instalar un posto expositor con materiais do Gabinete de Saúde Laboral, xa é tradicional a organización dunha xornada técnica que verse sobre algún tema de actualidade o de grande impacto no campo da seguridade e saúde laboral.
Nesta edición a nosa xornada tratará sobre a afectación do GAS RADÓN no entorno laboral e na saúde das persoas. Non en van a OMS considera que o Radón é a segunda causa de enfermidades pulmonares como o cancro.
A xornada será o mércores 11 de abril.
Para o desenvolvemento do acto contaremos coa participación das seguintes persoas:
Ricardo Pol Sánchez, arquitecto e especialista en Radón.
Lucía Ferrón Vidán, especialista do ISSGA en Hixiene Industrial.
Se queres olhar a programación completa preme no enlace a páxina de actividades de PREVISEL en EXPOURENSE:

