Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

11 POSTOS DE TRABALLO; OFERTA DO CONCELLO DE RIOS

14 Xun 2021

Son contratos temporais para prevención e extinción de incendios e para pións agroforestais

O concello de Riós fai publico no BOP do 14 de xuño o anuncio de selección de persoal para a provisión dos seguintespostos de traballo: 1 xefe/a de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, 1 pión condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais, 3 pións de prevención e extinción de incendios forestais e 6 pións agroforestais.

A alcaldía, mediante resolucións do 26 de maio de 2021, aprobou as seguintes bases:

1º. Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 1 xefe/a de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, 1 pión condutor/a de prevención e extinción de incendios forestais e 3 pións de prevención e extinción de incendios forestais.
2º. Selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 6 pións agroforestais para o Centro Agroforestal de Riós.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do concello en na sede electrónica concelloderios.sedelectronica.gal

Volver