10 PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CUALEDRO
Conformarán a brigada antiincendios
O concello de Cualedro fai pública no BOP de hoxe 9 de xullo, a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos postos de traballo para 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor/as e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 6 de xullo de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente as prazas mencionadas. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina www.cualedro.es

