Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

10 PRAZAS CONVOCADAS NO CONCELLO DE ENTRIMO

02 Xun 2017

Formarán dúas brigadas antiincendios forestais

O concello de Entrimo publica a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 30/05/2017  pra 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato será de tres meses e o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais:

 Xef@ de brigada: soldo: 1.100,00 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.

Pións forestais e pión-condutor/a: soldo: 982,53 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra.

O lugar e prazo de presentación de instancias son 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOP (2/6/17), no rexistro do concello de Entrimo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver