Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

10 POSTOS PARA A BRIGADA DE INCENDIOS NO CONCELLO DE SANDIÁS

11 Mai 2017

Son ofertas para pións e xef@s de cuadrilla

O concello de Sandiás, unha vez aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2017, publica o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso-oposición (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado fondos FEADER). Trátase de 8 traballador@ como pións de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución. 2 traballador@s como xef@s de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra/ servizo determinado a tempo completo. A duración do contrato será de tres meses. O sistema de selección é por concurso-oposición. O prazo e lugar de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados dende o seguinte a publicación deste anuncio no BOP (11/5/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello situado nas oficinas municipais e na súa páxina web (www.sandias.es). Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na página web do concello (www.sandias.es) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

Volver