Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

10 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE LOBIOS

01 Xul 2022

Formarán dúas brigadas forestais

Convocatoria e bases de selección publicadas no BOP do 1 de xulho polo concello de Lobios para a contratación laboral temporal de dúas/dous xefas/es de brigada, dúas/dous pións condutoras/es e seis peóns forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

1.- Número e denominación das prazas: 2 xefas/es de brigada, 2 pións condutoras/es e 6 pións forestais para a realización do servizo denominado “brigadas de prevención e defensa de incendios forestais”

2.- Modalidade de contratación: temporal de duración determinada (DA quinta do RDL 32/2021, do 28 de decembro), a xornada completa.

3.- Duración do contrato: tres meses.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición.

5.- Retribucións totais:

- Xefa/e de brigada. Soldo: 1.366,67 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.

- Pión condutor/a. Soldo: 1.216,67 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.

- Pións forestais. Soldo: 1.166,67 euros/mes brutos, incluída a parte proporcional da paga extra.

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://lobios.sedelectronica.es

Volver