Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

10 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

23 Xun 2022

Son postos para 2 capataces, 2 pións condutoras/es e 6 pións forestais.

O concello de Calvos de Randín fai pública nova convocatoria para a contratación laboral de dúas/dous capataces, dúas/dous pións condutores e seis pións forestais, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 20 de xuño de 2022:

1º. Número e denominación das plazas: dúas/dous capataces, dúas/dous pións condutoras/es e seis pións forestais.
2º. Modalidade de contratación: contrato temporal por circunstancias da produción.
3º. Xornada: completa.
4º. Duración do contrato: tres meses.
5º. Sistema de selección: concurso de méritos e proba práctica.
6º. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. Se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste Concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
7º. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Volver