Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TRASMIRAS

08 Xun 2017

Son para a formación de dúas brigadas antiincendios

O concello de Trasmiras, por decreto da alcaldía de data 2 de xuño de 2017, aprobou bases específicas para a selección e posterior contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o concello de Trasmiras para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa (expediente 75/2017). A denominación dos postos son: 2 xef@s de brigada; 2 pións-condutores con carné B e 6 pións de brigada. A duración do contrato é de tres meses, sendo a modalidade de contratación contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a tempo completo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo de presentación de solicitudes farase nos cinco días naturais seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.30 horas de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no concello de Trasmiras en horario de oficina e na sede electrónica http//:trasmiras.sedelectronica.gal.

Volver