Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

1º DE MAIO. PROTEXAMOS A CLASE TRABALLADORA, NON O CAPITAL!

29 Abr 2020

Por unha Galiza soberana e con futuro!

Continuamos coa campaña do 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. Onte, martes 28 de abril, cando se conmemoraba o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, desde a CIG realizamos varias protestas simbólicas diante de diversos centros de traballo en todo o país, para esixir dos gobernos español e galego e das empresas o cumprimento estrito das medidas de seguridade laboral para quen está traballando, o cobro do paro e dos salarios, e medidas de protección social para todas as persoas, sen exclusións nin discriminacións.

Tes máis información sobre estas protestas simbólicas nesta nova: https://i.gal/diamundialsaude

E eiquí un vídeo resumo das accións: https://youtu.be/aLOMkdc7HwI

 

O Primeiro de Maio reivindica coa CIG, desde a túa xanela ou balcón.

 Axita as túas bandeiras e canta a Internacional ás 12h.

  • Para o propio día do 1º de Maio, ás 12h, imos levar a cabo unha ManiFiestrAcción: manifestarémonos desde as nosas fiestras cantando a Internacional. Para iso, deixámosche aquí unha ligazón ao vídeo coa Internacional e a súa letra, para que poidas emitilo desde a túa fiestra, e cantalo xunto con toda a clase traballadora: Versión en galego da Internacional Socialista

·  Desde o mércores 29 de abril coloca na xanela, balcón ou varanda a bandeira da Patria Galega (podes pintala nun folio) e unha bandeira vermella (podes usar un pano vermello que teñas por casa) para visualizar a data e participar da reivindicación. No propio 1 de Maio, axita as bandeiras, que se vexan!

Volver