1º DE MAIO. MOBILIZATE COA CIG
Manifestación en Ourense, saída ás 12:30 dende o pavillón dos Remedios
Neste 1° DE MAlO, DÍA INTERNACIONAL DA CLASE OBREIRA, en Galiza temos que seguir loitando contra a política de demolición dos nosos dereitos polo PP que está a gobernar desde o Goberno Central e a Xunta en favor dos poderes económicos e atentando contra os intereses da clase traballadora e da Galiza. Nos últimos anos aprobaron contrarreformas laborais que provocan despedimento máis fácil e barato, rebaixas de salarios, supresión do dereito de negociación de convenios colectivos, tomaron por asalto as nosas pensións, aumentouse a precariedade substituíndo traballadores-as fixos-as por contratos a tempo parcial,.. . convertendo o ensino, a saúde, a asistencia social en negocio privado, aumentando a explotación e o poder dos empresarios e empobrecendo a clase traballadora.
Está política está provocando unha emigración masiva propia de un país empobrecido, na Galiza 130.000 galegos-as, principalmente mozos e mozas marcharon en busca de traballo.
En Ourense o número de desempregados-as segue acadando cifras históricas, 23 .314 inscritos no SEPE, somos a segunda provincia galega coa maior taxa de paro e a de menor taxa de ocupación, e con miles de ourensáns que tiveron que emigrar.
Na actualidade o PP non ten a maioría parlamentaria e polo tanto, estas leis que nos empobrecen poden ser anuladas
Compre, polo tanto, manter unha loita diaria contra este goberno POLA RECUPERACIÓN DOS NOSO DEREITOS e na procura dun cambio social, por outro modelo máis xusto e solidario. Nesta data do 1° de MAlO temos que saír masivamente a MANIFESTARNOS EN OURENSE coa CIG ás 12,30 h da mañá desde o Pavillón dos Remedios.
Esperamos a túa participación.

