1º DE MAIO EN VERIN: CONCENTRACIÓN DA CLASE OBREIRA
Será na Praza do Concello ás 12 horas
A CIG mobilizarase este Primeiro de Maio en Verín baixo o lema “Paremos o saqueo! Emprego, salarios e pensións dignas”. A central sindical rexeita as políticas económicas dos gobernos galego e español, “incapaces de enfrontar a grave carestía da vida nin frear o aumento das desigualdades e da pobreza” e chama a mobilizarse “en defensa dos servizos públicos, da recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra”.
PARTICIPA NA CONCENTRACIÓN!!
DEFENDE OS TEUS DEREITOS COA CIG!!