1º DE MAIO, DÍA DA CLASE TRABALLADORA, CONCENTRACIÓN EN VERÍN
O acto consistitirá nunha concentración simbólica e con aforo limitado na Praza do concello
A UL da CIG de Verín e A Limia convoca en Verín, no día internacional da Clase Traballadora, unha concentración simbólica por mor das medidas de cautela contra a pandemia da Covid 19, ás 12 horas na Praza do Concello. Iste acto vai ser o central da comarca de Monterrei- A Limia, tras anos sen celebrarse na localidade e cun estado de alarma vixente.
As motivacións para acudir e apoiar o acto son máis que coñecidas; ERTE´s, ERE´s, despedimentos, perda de dereitos, que fan que a Clase Obreira sexa unha das grandes perxudicadas pola situación de pandemia e crise económica que estamos a vivir.
A CIG segue a avogar e esixir que non se desmantelen os servizos públicos, que se derroguen as reformas laborais, que o dereito á negociación colectiva sexa real, que as pensións sexan dignas, e que exista unha millor protección durante desemprego.
O reparto das axudas europeas é outra das grandes preocupacións da central sindical. De como se faga ise reparto dependerá gran parte do noso futuro.
Participa no acto, defende os teus dereitos coa CIG
VIVA O PRIMEIRO DE MAIO
VIVA A CLASE OBREIRA

