Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE LIBROS

20 Mai 2016

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016

Fondo solidario de libros de texto e axudas á adquisición de libros.
A CIG informa que xa está publicada a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e xa se poden solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/17.
As axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde.
  • No fondo solidario de libros de texto pode participar o:
- Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
- Alumnado matriculado 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso 2015/16 e asignaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
 
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto vai destinada ao:
- Alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.
- Alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.
- Alumnado matriculado en educación especial.
 
  • A axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. Neste caso a axuda será de 50 euros.
 O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016.
 
Toda a información pódela consultar na seguinte ligazón:

Volver