Folga o vindeiro 30 de outubro na Vidreira do Atlántico contra o despedimento de dous traballadores
Coincidindo coa celebración do xuízo, tamén está previsto realizar unha concentración no Pazo de Xustiza de Ourense
A folga iniciarase desenvolverase entre as 6 da mañá e ás 10 da noite do venres 30 de outubro, coincidindo a ademais coa celebración do xuízo polo despedimento de dous traballadores da Vidreira, cesados o pasado mes de xullo. Ademais, fretaranse autobuses para trasladar o cadro de persoal até o Pazo de Xustiza de Ourense, onde terá lugar unha concentración dende ás 9:30 horas, para apoiar “coa nosa presenza aos compañeiros represaliados pola dirección da empresa”.
Dende a CIG de Verín sinálase que os despedimentos leváronse a cabo “baixo a aparencia de extincións obxectivas individuais”, aínda que sospeitan que se trata dun caso de clara represión sindical contra dous empregados afiliados á CIG que participaron das anteriores convocatorias de folga realizadas na factoría de A Limia.
Con este paro, a asemblea xeral de traballadores/as quere continuar mantendo vivas as protestas iniciadas hai case un ano e a reclamación dos dereitos de todo o cadro de persoal, “dereitos limitados e violados permanentemente pola dirección” con decisións unilaterais como a supresión do plus de actividade, o falta de recoñecemento das categorías profesionais, discriminacións laborais ou a paralización dunha das liñas de produción.
Bótalle un ollo á evolución deste conflito pinchando aquí.