ESTREAMOS O VÍDEO DO ACTO DE HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI
Celebrada o día 6 de Agosto do 2015 en Verín
En varias ocasións, dende agosto do 2015, anunciamos a estrea do vídeo elaborado con motivo da Homenaxe realizada ás vítimas do Franquismo na Comarca de Monterrei. E, nisas mesmas ocasións, tivemos de pospor a súa difusión por diversos motivos, de tal maneira que 1 ano despois aínda non o publicamos.
Primeiro, pensamos en facer un acto, no nadal do 2015, e difundir o vídeo nise marco. O acto houbo suspenderse por varios problemas de organización. A partires daí, decidimos transladar a estrea para Agosto de 2016, un ano despois da Homenaxe; mais tamén nos olhamos na obriga de adiala, posto que para, isas datas, fora convocada a Homenaxe a Joaquín Balboa por parte da A.C. Monterrei Cultura e Territorio. Finalmente, pensamos facer umhas xornadas de cine antifranquista a finais deste ano 2016 e, desta volta, atopámonos conque fora convocado o Festival de Curtametraxes de Verín. Pois ben, damos por bós todos os adiamentos nos que incorremos, porque derivan de que en Verín se move a cultura coma nunca antes acontecera. Porén, non imos agardar mais para publicar o que consideramos un documento histórico sobre a acción colectiva dun povo que reconhece ás súas vítimas e as eleva á categoría de filhos/as adoptivos e prediletos. De agardar, xuntariámonos con outra programación que temos prevista pro ano 2017 e que xa anunciaremos convenientemente. Así que, aí vai: hoxe é un día tan bó coma outro calquera !
AGARDAMOS QUE GOSTEDES DIL E QUE O DIFUNDADES !!!

