Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

ENCETADA A III HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA COMARCA DE MONTERREI

12 Ago 2017

A Paula Godinho presentou, onte día 11/08/17, na Casa da Cultura de Verín o seu trabalho: "O futuro é para sempre"

Malia a coincidencia de multiplos eventos culturais na vila de Verín encetamos, onte día 11 de agosto, os actos da III homenaxe ás Vítimas do Franquismo na Comarca de Monterrei cumha moi digna asistencia de público.

A antropóloga da Universidade de Lisboa: Paula Godinho, fixo a apresentación do seu libro "O futuro é para sempre", no que se adica un capítulo enteiro ás "Costureiras de Verim".

Hoxe continuarán os actos, coa apresentación doutro libro: "Os nomes do terror", coordenado polo historiador, orixinario da comarca de Monterrei, Dionisio Pereira, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Verín.

Volver