Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO ECO CAMPAMENTO ALVARELLA PRA AFILIADOS/AS DA CIG

30 Mai 2016

Campamento para nenas e nenos de 7 a 13 anos de idade con prezos accesíbeis pra afiliados/as da CIG

O albergue de ecoturismo Alvarella en colaboración coa CIG organiza un eco campamento para o verán. Trátase dunha serie de actividades que se desenvolverán entre o 26 de xuño e o 2 de xullo, para nen@s de 7 a 13 anos, cun máximo de 50 participantes. A afiliación da CIG ten un desconto do 10%.

@s nen@s realizarán diferentes actividades no espazo da Alvarella, aprendendo a protexer o medio ambiente e a coñecer a cultura e o patrimonio do país. O prezo é de 295 € (265,5€ para a afiliación da CIG), e as preinscricións estarán abertas deica o 10 de xuño.

Debaixo da fotografía podes descarregar o cartaz, díptico e ficha de inscripción.

Volver