DUAS CONCENTRACIÓNS EN VERÍN MANIFÉSTANSE, HOXE, EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA COMARCA DE MONTERREI
Hoxe, día 7/2/18, celebráronse, case simultáneamente, dúas concentracións en Verín: umha fronte ao Centro de Saúde de Verín e outra fronte ao Hospital Comarcal, reclamando o mantemento e potenciación dos servizos sanitarios públicos na Comarca de Monterrei.
Cada volta mais xente suma ás concentracións convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Comarca de Monterrei; velaí o motivo polo que ista mobilización debe rematar numha grande Manifestación Comarcal contra a política de desmantelamento e privatización dos servizos públicos que está a levar a cabo o Partido Popular. O próximo mércores é festivo en Verín e, por tanto, as mobilizacións retornarán o mércores día 21 de Febreiro.
Suma e axúdanos a parar ao Partido Popular !!!!






