DOUS POSTOS DE PIÓNS; OFERTA NO CONCELLO DE TRASMIRAS
Son contratos de seis meses de duración
O concello de Trasmiras fai público no BOP do 20 de maio, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal por resolución da lcaldía, con data 13 de maio de 2021, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número e denominación dos postos: 2 pións de mantemento dos servizos municipais.
- Requisitos esixidos: ademais dos xerais contemplados nas bases desta convocatoria, os candidatos deberán estar en posesión do permiso de conducir clase B.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Funcións: as propias do posto de traballo.
-Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal: http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (rúa Otero Pedraio, n.º 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 09:00 horas a 14:00 horas, ou por calquera outro medio en dereito

