Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

DOCUMENTO HISTÓRICO: DECLARACIÓN EN 1936 DO DEPUTADO VERINÉS LAUREANO PELAEZ, ANTE O XULGADO MILITAR, SOBRE A CONDUTA DE CARLOS REINO E LINOS GARCÍA, ALCALDE E TENENTE ALCALDE DE VERIN

15 Abr 2014

O 3 de Novembro de 1936, no marco da Causa 1021, o Deputado dereitista de Verín: Laureano Peláez Canelhas, declara ante os xuíces militares sobre a conduta de Carlos Reino e Linos García

Como inicio dumha serie de publicacións de papeis que forman parte da Causa 1021, saímos hoxe cun documento histórico: a declaración antes os xuices militares de Laureano Peláez Canelhas, o día 3 de Novembro de 1936. 

Nisa declaración o deputado da CEDA natural de Verín opina, a perguntas dos militares, sobre o proceder e a conduta, nos primeiros días do golpe fascista, do Alcalde republicano de Verín, Carlos Reino Caamanho e do concelheiro, industrial, mecenas e xornalista verinés: Linos García Vázquez; ambos fusilados, posteriormente.

Se gostas da historia e da verdade, melhor que descarregues o PDF e leas por ti proprio/a un documento rescatado, pra todos e todas nos, dos fondo dos arquivos militares.

Nos próximos días iremos publicando outras declaracións de testemunhas e implicados nesta mesma causa, co obxecto de dar a conhecer quen foi quen nesta historia, así como as razóns da desmemoria e do esquecemento institucional a respeito dos que defenderon a liberdade e a legalidade, como Carlos Reino Caamanho e Linos García Vázquez.

Descarrega a Declaración de Laureano Pelaez Canelhas
DECLARACION DE LAUREANO PELAEZ CANELHAS.pdf (970.7 KiB)

Volver