Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Foto "El correo gallego"
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

DÍA 22 DE XULHO, MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA A PROL DO SERVIZO PÚBLICO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

17 Xul 2015

Saíran autobuses dende A Gudinha, Verín e Xinzo de Limia

O desmantelamento paulatino do SPDCIF, por parte do Goberno do Partido Popular, está a comprometer o trabalho dos profesionais na defensa do medio natural en Galiza ao non reconhecer a seu labor profesional como bombeiros forestais, ao precarizar ás condicións nas que trabalhan e ao negarlhes a estabilidade laboral e salarial.

En defensa do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF convocan a todos os trabalhadores e trabalhadoras a umha manifestación o mércores 22 de xulho, en Compostela, que partirá ás 10:30 dende a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes en San Lázaro e rematará ás 12:00 diante da Conselharía de Medio Rural en San Caetano.

Esiximos:

  • Mantemento do SPDCIF como servizo único de prevención e extinción de incendios, un servizo público, único e profesionalizado, de prevención e extinción.
  • Convocatoria dumha oferta pública de emprego. Cobertura de todas as vacantes, evitando así que a Conselharía continúe coa progresiva amortización de prazas para desmantelar pouco a pouco o servizo público.
  • Reconhecemento da categoría de Bombeiro Forestal, que sen suponher custe algún dá valor e visibilidade ao trabalho.
  • Estabilidade laboral e profesional, abordando a modificación do Decreto de listas para atender ás peculiaridades do servizo. Solucionar a problemática dos trabalhadores descontinuos de 9 meses garantindo que se acaden os 12 meses nas contratacións. Ampliación da contratación dos trabalhadores descontinuos de tres meses.
  • Convocatoria dumha mesa negociadora.

Autubuses a Compostela:

8,00 HORAS- A GUDINHA ( O SUIZO)

8,20 HORAS- VERIN (RIAS BAIXAS)

8,45 XINZO DE LIMIA-(ESTACIÓN ANTELA)

 

Volver