Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

DEZ PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE ENTRIMO

07 Xul 2016

Formarán a brigada antiincendios deste concello

O concello de Entrimo fai pública no BOP a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 30.06.2016. Trátase das prazas para 2 xef@s de brigada, 2 pións condutor/a e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa de incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato é de tres meses. O sistema de selección será por concurso de méritos. As retribucións totais: Para @ xef@ de brigada: soldo: 1.100,00 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. Pións forestais e pión condutor/a: soldo: 982,53 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Entrimo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello

Volver