Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

DEZ CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE MONTERREI

04 Xun 2021

Trátase dun concurso oposición

O concello de Monterrei fai público no BOP do 4 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefes/as de brigada, 2 peóns/peoas condutores/as e 6 peóns/peoas.

A alcaldía, mediante a resolución do 31 de maio 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente 2 xefes/as de brigada, 2 pións condutores/as e 6 pións. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver