Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

COMO FACER A DECLARACIÓN DA RENDA NA CIG DE VERIN E XINZO (PREME AQUÍ)

01 Abr 2020

O servizo comezará a ser prestado a partires do 4 de maio. Só dende isa data poderás pedir cita pra face-la chamando ao telf. 988412345

O servizo de elaboración das declaracións do IRPF 2019, non comezará a ser prestado, na CIG de Verin e A Limia, até o día 4 de maio do 2020, por causa da COVID 19.

A partires do 4 de maio, se queres facer a declaración na CIG, non debes comparecer nos nosos locais, senón chamar-nos por telefone ao número 988412345 pra pedir cita pra elaborar a declaración do IRPF. Logo de chamar, indicaremos-che o día no que terás que traer a documentación á CIG.

LOCAIS E HORARIOS PARA CUMPRIMENTAR AS DECLARACIÓNS DA RENDA

Verín (988412345)

Da segunda á quinta (luns a xoves) en horario de manha e de tarde

Na sexta (venres) só polas manhas

Xinzo (988462583)

Na terza feira (martes) en horario de manha e tarde

Na quinta feira (xoves) só polas manhas

Non debes comparecer nos locais da CIG sen cita previa. Chama para pedir cita ao 988412345 e asignaran-che día e hora.

Pregamos-che que sexas estrito/a observando estas instrucións pra un correcto funcionamento do noso servizo

Volver