CURSOS DE TELEFORMACIÓN PARA O PERSOAL SANITARIO
A fundación Forga oferta dous novos cursos
A fundación Forga oferta dous novos cursos na modalidade de teleformación, para o sector da saúde. Trátase das seguintes accións formativas:
- RELACIÓNS HUMANAS E CLIMA LABORAL, a celebrar entre o 18 de maio e 26 de xunho, cun total de 26 horas, co seguinte programa:
01.A personalidade humana: estrutura e funcionamento (3 horas).
02. Os sentimentos humanos (2 horas).
03. Que entendemos por clima laboral (2 horas).
04. Como afecta o clima laboral nas relacións persoais? (4 horas).
05. Estilos de dirección (3 horas).
06. O traballo en equipa (3 horas).
07. A análise e avaliación das equipas laborais (3 horas).
- A MOTIVACIÓN NA ACTIVIDADE LABORAL APLICADA NA ATENCIÓN Á/AO DOENTE, a celebrar entre o 1 de setembro e 11 de outubro, cun total de 20 horas co seguinte programa:
Módulo 1
FERRAMENTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SATISFACCIÓN E MOTIVACIÓN NO ÁMBITO LABORAL (8h)
Módulo 2
MOTIVACIÓN LABORAL EN CENTROS HOSPITALARIOS E/OU INSTALACIÓNS SANITARIAS (18h)
Pra formalizar a inscripción pica na web: https://forga.gal/formacion/cig-saude/

