Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

23 Mar 2018

Publicado no DOG do 23 de marzo de 2018

No DOG do 23 de marzo de 2018 publicouse a resolución do 19 de marzo de 2018 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Requisitos do persoal participante:
Empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Desenvolvemento da actividade de formación
A actividade formativa realizarase cos requirimentos, a duración e as condicións que para esta actividade se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento da actividade, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de marzo ao 4 de abril de 2018.
As solicitudes de participación na actividade formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do
prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. Toda a información en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180323/AnuncioO150-190318-0001_gl.html

Volver