Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CURSO GRATUÍTO EN VERÍN DE CONDUCCIÓN DE VEHÍCULOS PESADOS

17 Nov 2022

A acción formativa comezará o vindeiro 26 de decembro

O día 26 de decembro, en horario de tarde, comezará o curso para desempregados de conducción de vehículos pesados de transporte de mercadorías por estrada. Trátase dunha acción formativa encadrada dirixida a traballadoras e traballadores en desemprego, co que obterán unha certificación de profesionalidade.

Asemade o curso incrúe a opción de obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP) que ten unha duración de 140 horas, ou, de ser o caso, o de renovación de 35 horas.

Será a autoescola Ponte Verín a encargada de impartilo, e entre os requisitos de acceso están ser demandante de emprego, ter a ESO ou equivalente, incruíndo as competencias clave de nivel 2 e o permiso de conducir C1+C.

Volver