CURSO DE OPERADOR/A DE CARROS ELEVADORES
Homologado UNE 58451:2014 de 12 horas presenciais
A empresa Prevenking SLU organiza un curso de Operador/a de carretillas elevadoras en Verín. Impartirase entre os días 13 (venres) e 14 (sábado). A parte teórica do curso farase o venres, de 17 a 21 horas na sede da AEVER (Asociación de empresarios de Verín), e a parte práctica será o sábado, en horario de 8 a 16 horas nas instalacións da empresa "Construcións EMI-ALVAREZ".
O prezo desta acción formativa é de 130 € por alun@, para traballador@s en activo, de 95 € por alun@ desempregad@ e traballador@s de empresas asociadas a AEVER, e de 85 € para @s afiliad@s a CIG.
Pra inscribirte na acción formativa contactar con Prevenking SLU, r/ Remedios, 64 1, porta C, 32002 Ourense e tel: 677 255 383. O correio-e é o seguinte: prevenking@outlook.es
Se queres beneficiarte do desconto tes que solicitar un certificado na CIG de Verín ou Xinzo de Limia de estares afiliado/a

