Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

3 NOVOS CURSOS: CARROS ELEVADORES, OPERADOR/A DE PLATAFORMAS ELEVADORAS MÓBILES, TRABALLOS EN ALTURA

02 Mai 2016

Os tres cursos contan coa homologación UNE

A empresa Prevenking SLU organiza tres novos cursos; un de Operador/a de carros elevadores, outro de Plataformas elevadoras móbiles de persoal e un terceiro de traballos en altura. As tres accións formativas a executar en Verín, impartiranse, as duas primeiras, entre os días 20 de maio (venres) e 21 de maio (sábado) e, a terceira, o 28 de maio (sábado). A parte teórica dos cursos desenvolverase o venres, de 17 a 21 horas na sede da AEVER (Asociación de empresarios de Verín), e a parte práctica realizarase os sábados (21 e 28 de maio), en horario de 8 a 16 horas nas instalacións das empresas Hortoverín SL (Oímbra-Verín-Ourense) e Construcciones Emi Álvarez, S.L.

O prezo de cada acción formativa é de 130 € por alun@, para traballador@s en activo, de 95 € por alun@ desempregad@ e traballador@s de empresas asociadas a AEVER, e de 85 € para @s afiliad@s a CIG.

Pra inscribirte na acción formativa contactar con Prevenking SLU, r/ Remedios, 64 1, porta C, 32002 Ourense e tel: 677 255 383. O correio-e é o seguinte: prevenking@outlook.es

Se queres beneficiarte do desconto tes que solicitar un certificado na CIG de Verín ou Xinzo de Limia de estares afiliado/a

Volver