Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CREAN UNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE PADERNE DE ALLARIZ

12 Mai 2016

Será para postos de auxiliar de axuda no fogar

O concello de Paderne de Allariz, por decreto da alcaldía do 4 de maio de 2016, aprobou as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no concello de Paderne de Allariz para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar, de cara a futuras contratacións laborais temporais, polo sistema de concurso.
O prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección será de 8 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP de Ourense.
Os/as interesados/as poderán consultar e obter copia das bases de selección nas oficinas municipais, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Se queres ver o anuncio do BOP pica no pdf que está debaixo da fotografía

Volver