CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO
É para o servizo de axuda no fogar
O concello de Vilar de Barrio unha vez aprobadas as bases de selección e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego do SAF, na categoría de auxiliar de axuda no fogar, mediante acordo da xunta de goberno local con data 2 de decembro de 2016, publica o resumo da convocatoria para xeral coñecemento:
- Creación bolsa de emprego para a cobertura de vacantes que se produzan ao longo do ano 2016, na categoría profesional de auxiliar de axuda no fogar.
- Bases da convocatoria: poderán obterse nas oficinas municipais e na páxina web do concello www.vilardebarrio.com.
- Sistema de selección: concurso.
- Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP (02/01/17).
- Lugar de presentación: no Rexistro de concello de Vilar de Barrio, r/ Praza do Toural, n.º 10, Vilar de Barrio, en horariode 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

