Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS: NOVO PROGRAMA FORMATIVO

13 Abr 2022

Valorábel para o concurso de traslados 2022

Correos ofrece un programa de formación, composto por tres cursos sobre as principais funcións, produtos, servizos e iniciativas da empresa.

O programa estará integrado polas accións formativas que tratarán sobre:

 IRIS Usuario 2022
 Paquetería 2022
 Produtos e servizos 2022

Istes cursos actualizáronse, polo que todas as persoas solicitantes que queiran obter puntuación deberanos realizar, aínda que teñan superados outros cursos anteriores a 2022. Cada acción formativa contará cuns criterios de realización e superación independentes que se comunicará ás e ós participantes ó comezo de cada unha delas. A formación está dirixida, exclusivamente, ás persoas que cumplan coas seguintes condicións:

  Ser empregada ou empregado laboral indefinido ou funcionario.
  Manter unha relación laboral en activo coa empresa ó inicio de cada unha das accións formativas que integran o programa.
  Realizar a solicitude de inscripción correctamente.

A solicitude de inscripción, conforme ó horario peninsular, pode realizarse a través do banner habilitado baixo os campos de usuario e contrasinal na páxina principal do Campus Virtual de Correos (https://formacion.correos.es) dende o 12 de abril, deica o día 20, ambos incluídos. A formación desenrolarase durante os meses de abril e maio. Unha vez realizada a solicitude de inscripción, aparecerán na pantalla os dados de contacto do solicitante no Campus Virtual. Si non foran correctos, recoméndase actualizalos no apartado ‘Mi perfil’ da plataforma aceptando, si se desexa, a modalidade de citación por SMS.

O día de inicio da formación informarase da súa dispoñibilidade cun aviso no enderezo de e correio (se figura o dato no perfil) e o teléfono móbil rexistrados.

No caso de incidencia técnica durante a solicitude de inscripción e/ou a realización da formación, as/os alumnas/os deberán dirixirse a través do e correio centro.atencionestudiante@telefonica.com ó Centro de Atención ó Estudante. Unha vez finalizado e superado o curso, engadirase ó expedente formativo do alumno ou alumna e poderase descargar o diploma dende la plataforma de formación.

Volver