Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS CONVOCA 3254 PRAZAS

29 Dec 2020

1254 prazas pola taxa de reposición do 2020 e 2000 polo plan de estabilización

Correos pechou as Bases Xerais da Convocatoria de Consolidación correspondente ao exercicio 2020, e que se desenvolverá ó longo de 2021. O máis relevante desta nova convocatoria é:

3254 PRAZAS: 1254 prazas por aplicación da taxa de reposición do 2020 e os 2.000 restantes polo Plan de Estabilización.

Unha parte destinada á INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE IGUAL ou SUPERIOR ó 33%, dando cumprimento ao establecido legalmente.

Correos inclúe nesta oferta os contratos de substitución do programa de xubilacións parciais.

ESTABLÉCENSE DÚAS FASES PARA O DESENVOLVIMENTO DISTE PROCESO:

PRIMEIRA FASE: Publicaranse os requisitos esixidos ás persoas que participen na convocatoria, o sistema de selección (CONCURSO-OPOSICIÓN), o temario sobre o que versará a proba selectiva, e a composición do Órgano de Selección e o reconhecemento médico.

SEGUNDA FASE: Publicarase a oferta provincial de postos de trabalho e as súas características, o prazo e a forma de presentación das instancias.

A novidade nesta convocatoria é que Correos sacará 75 prazas para postos cualificados de diversa índole para cubrir estrutura e apoio e que se materializarán ao longo do próximo ano.

Volver