Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS ABRE AS INSCRIPCIÓNS NA BOLSA DE EMPREGO

09 Feb 2021

O prazo para anotarte remata o 17 de febreiro

Correos abríu o prazo de inscripcións para as Bolsas de Emprego. Aquí tedes todas as ligazóns da Convocatoria, e a continuación as instruccións para a súa cumprimentación:

ALTA SOLICITUDE

BASES DA CONVOCATORIA

CONSULTA BOLSAS DE EMPREGO ANEXO 1

GUÍA CUMPRIMENTACIÓN DA SOLICITUDE

CONSULTA/ANULACIÓN DA SOLICITUDE

Información e Recomendacións para realizar a Solicitude

  1. Debes inscribirte, aínda que esteas nas bolsas actuais.
  2. Antes de realizar a solicitude le atentamente as Bases e a Guía de Inscrición.
  3. Ten toda a documentación que debas achegar escaneada ou fotografada  ten un máximo de 2M por cada documento. Os formatos admitidos son PDF,  jpg,  jpeg,  png, gif,  docx,  doc,  xlsx,  xls, ppt,  zip e  rar. Lembra que só dispós de 30 minutos para realizar a  solicitude, senon tes que comezar de novo.
  4. Antes de realizar a solicitude, consulta as bolsas e as prazas  ofertadas (Anexo 1).
  5. Introduce o teu documento de identificación correctamente (NIF,  NIE,  NIUE,  PAST- Andorrano) calquera erro neste sentido non poderá ser emendado. Deberás anular a solicitude e realizar unha nova, cambiando o contrasinal de acceso etc.
  6. Unha vez xeres o contrasinal toma nota dela e  gárdaa. No caso de que se che esqueza ou a perdas  poderás xerar unha nova en: Consulta/Anulación solicitude. Recibirás un SMS co novo contrasinal que terá unha validez de 20 minutos.
  7. No apartado de datos persoais: SE NON TES Nº da Seguridade Social propio non poñas nada, deixa en branco esa casilla (Non poñas o dos teus pais ou de calquera persoa da que sexas beneficiaria)
  8. As casillas de teléfono móbil e correo electrónico son campos obrigatorios.
  9. En petición de Bolsas: Poderás solicitar ata dúas bolsas distintas na mesma provincia ou provincia limítrofe e en cada unha seleccionar un Máximo de dúas modalidades  de xornada.
  10. Naqueles postos (axente clasificación)  nos que se active a casilla de nocturno no momento de seleccionar xornada poderás elixir dúas xornadas e ademais adicionalmente marcar a casilla de nocturno.
  11. Petición de Bolsas: Lembra que na bolsa de reparto poderás solicitar Bolsa principal, servizos rurais ou ambas. Os servizos rurais ofertaranse agrupados. Un grupo por localidade dependente e tipo de vehículo. Só virán individualizados os que teñan oficina auxiliar repartición a pé ou achega de local. No primeiro caso ao marcar unha circular dunha localidade, marcásense automaticamente todos os servizos rurais que figuren nesa localidade, se tentas desmarcar algún individualmente desmarcásense todos; polo que deberás aceptalos todos. Se posteriormente (unha vez consigas praza nas bolsas) se non che interesa facer algunha/s  das circular/s  poderás presentar renuncia individualizada de cada unha, sen decaer nas outras.
  12. Titulación Académica: Achega só a titulación máis alta que posúas. Dos Cursos de Formación non é preciso que achegues as certificacións ou diplomas. Os Cursos ao estar homologados figuran na base de datos de Correos; polo que só deberás marcar os cursos que teñas realizados ou esteas a realizar, Correos posteriormente comprobará na súa base datos e che outorgara a puntuación correspondente. Só hai unha excepción e é no caso de que teñas unha titulación  do curso de Excel externa a Correos ou á formación impartida polos sindicatos de Correos. Exemplo dá  Xunta de  Galiza, dá Deputación etc. Só neste caso terás que achegar  o título do curso.
  13. Méritos Idiomas.: Do mesmo xeito que no punto anterior achega só a titulación máis alta que teñas.
  14. Presentación de solicitude: Unha vez aceptada a declaración de veracidade, a túa solicitude quedará rexistrada e che mostraran un resumo da túa solicitude con identificador xerado (Garda en PDF  ou imprime a túa solicitude). Posteriormente recibirás un e-mail e un SMS co resumo e o identificador da túa solicitude. Co teu documento de identidade e contrasinal podes volver e consultar a túa solicitude ou anulala. Se queres realizar unha modificación, deberás anulala e presentar unha nova.

Ante calquera dúbida ponte en contacto coa CIG

 

Volver