Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS: ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA A CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO

01 Out 2019

O prazo remata o 10 de outubro

O luns día 30 de setembro, celebrouse Comisión de Emprego Central, tratándose a Convocatoria de Ingreso de Persoal Laboral Fixo, na que se deu saída ao prazo de presentación de solicitudes, xunto co pago de dereitos. As persoas interesadas poderán inscribirse exclusivamente a través da Web de Correos www.correos.com – web corporativa – Acceso convocatoria – Acceso ao rexistro on-line. A convocatoria será exposta na Web de Correos, nos taboleiros das Direccións de Zona e Centro Directivo, así como na web www.administracion.gob.es

O período de inscrición abarca dende hoxe día 30 de setembro ata o 10 de outubro, ambos os incluídos.

As persoas que se inscriban recibirán unha comunicación co resumo da súa solicitude a efectos informativos. Importante descargala e imprimila.

Os/as participantes poderán elixir ata un máximo de 4 tipos de postos dunha soa provincia segundo indicamos:

- Reparto Motorizado. Tempo completo (urbano e servizos rurais)

- Reparto Pé. Tempo completo (urbano e servizos rurais non motorizados)

- Axente / Clasificación. Tempo completo e parcial.

- Atención ao Cliente. Tempo completo e parcial.

A valoración dos méritos efectuarase ao 31 de xullo de 2019.

Haberá dous exames. Un para reparto moto/pé/ axente de clasificación e outra proba independente para ATC (Atención ao cliente).

O importe dos dereitos no proceso selectivo será de 10,15€ para unha soa proba e de 20.30€ para as dúas. O pago deberá facerse efectivo dentro do prazo previsto para a presentación de solicitudes.

Unha vez realizada a inscrición non se poden modificar os datos: habería que anular a inscrición e realizar unha nova.

Para máis información poñédevos en contacto cos delegados da CIG

Volver