Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CORREOS: A XUSTIZA DALLE A RAZÓN Á CIG NOS TRIBUNAIS DE OURENSE E LUGO

28 Mai 2021

Sentenzan a favor das dúas afiliadas da central

A CIG GAÑA DEMANDA CONTRA CORREOS E A MUTUA A SENTENZA OBRIGA A RECOÑECER COMO ACCIDENTE LABORAL UNHA BAIXA POR ENFERMIDADE COMÚN EN OURENSE

O Xulgado do Social nº 2 de Ourense ven de condear á MUTUA LA FRATERNIDA-MUPRESPA, o INSS, TGSS, SERGAS e á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” declarando que a Incapacidade Temporal (baixa común) iniciada pola traballadora deriva da continxencia de ACCIDENTE LABORAL e en consecuencia condena aos demandados a recoñecelo como tal con todas as súas consecuencias.

A denuncia foi presentada pola CIG, logo da negativa de recoñecer como accidente laboral a lesión que sufriu a compañeira durante o reparto e dicir dentro da xornada laboral. A CIG defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, que a lesión sufrida pola traballadora, “afiliada a CIG”, foi un accidente laboral pois a mesma se produciu dentro da xornada laboral e que non era unha baixa común como pretendía o INSS e a Mutua.

Agora, terán que abonar todas as cantidades deixadas de percibir pola compañeira.

A CIG FORZA UN ACORDO EN SEDE XUDICIAL ENTRE UNHA TRABALLADORA E CORREOS PORQUE A SALTARON NOS CHAMAMENTOS DE CONTRATACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO.

Ante a demanda presentada polos servizos xurídicos da CIG no xulgado nº 3 de Lugo contra a Sociedade Estatal Correos e Telegráfos S.A. polo salto dunha compañeira nas bolsas de contratación, Correos acepta a demanda presentada e chega un acordo coa traballadora antes de entrar a xuízo. Correos abonará o integro da cantidade solicitada pola asesoría xurídica da CIG. A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.

Volver