CONVOCATORIA DO 3º ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES DA CIG
Celebrarase o mércores 22 en Compostela
A Comisión Nacional das Mulleres da CIG acordou convocar o Terceiro Encontro Nacional de Mulleres da CIG para mércores 22 de novembro, a celebrar entre as 10 a 14 horas, en Compostela, co obxectivo de continuar debatendo sobre a situación sociolaboral das mulleres, a problemática do acoso e o resto de violencias machistas que se producen no traballo, debates que se iniciou na convocatoria anterior.
Dado que o 25 de novembro conmemoramos en todos os países do mundo o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, acordamos convocar unha Concentración nacional de delegadas diante do Edificio Cersia, donde terá lugar o Encontro, de 12:15 a 12:30 horas.
Para un mellor desenvolvemento dos puntos a tratar e o horario do debate, achegamos a seguinte ORDE DO DÍA:
10h: Benvida a cargo da Comisión Nacional de Mulleres
10:15h-12:15h: A abordaxe do acoso laboral, por razón de sexo e o acoso sexual. Protocolos de actuación nas empresas (axuntarase documentación para o debate). Actuación sindical. Pasos a seguir.
12:15h-12.30h: Concentración de delegadas diante do edificio CERSIA (con convocatoria á prensa para expor a campaña da CIG para o 25 de novembro e o contido do Encontro)
12:30-13:30h: Debate da proposta de convocatoria dun Paro de mulleres
13:30- 13:45h: Conclusións do Encontro

