CONVOCATORIA DE CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO PARA EMPREGADOS PÚBLICOS
Haberá probas finais nos centros territoriais do ISSGA e na EGAP
O DOG do luns 17 de febreiro publica a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200217/AnuncioO150-070220-0001_gl.pdf
1.- As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2.- O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2020
3.- Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite issga.cursoprl@xunta.gal dentro do prazo de presentación de solicitudes).
4.- É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Probas finais nos centros territoriais do ISSGA e na EGAP
CURSOS:
1.- Código: CV20009. Prevención de riscos laborais. Nivel básico. ISSGA.
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h. edición. .-Edicións: tres.
Datas: do 11 de marzo ao 6 de maio de 2020.
Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas.
Prazas: 75 por edición
2.- Código: CV20008: Prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre nivel básico
Modalidade: teleformación.
Duración: 60 h. .- Edicións: unha.
Datas: do 17 de marzo ao 6 de maio de 2020.
Proba final presencial: o día 6 de maio ás 10.00 horas.
Prazas: 75

