Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4

09 Mar 2017

Publicado no DOG do 8 de marzo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública a resolución do 28 de febreiro de 2017, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4. Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.lingua.gal anunciarase, o mesmo día da publicación desta resolución, a súa convocatoria específica. Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II. Mais información:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170308/AnuncioG0164-010317-0002_gl.html

Volver