Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCATORIA DE AMPLIACIÓN DA BOLSA DE TRABALLO NO CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

10 Nov 2016

Amplían a bolsa para a categoría de auxiliar de axuda no fogar

O concello do Barco de Valdeorras publica nova convocatoria do proceso de selección para unha nova ampliación da bolsa de traballo para a categoría de auxiliar de axuda no fogar para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa até o 31.12.2017. Convocatoria do proceso de selección que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas mediante resolución da alcaldía con data 7 de novembro de 2016. A denominación da ocupación da bolsa de traballo que se ampliará é a de "Auxiliar de axuda no fogar do concello do Barco de Valdeorras", sendo o seu obxecto a segunda ampliación da bolsa de traballo de auxiliar de axuda no fogar, mediante o sistema concurso-oposición, con vixencia da bolsa ata o 31.12.2017, para posibles coberturas temporais, sendo as funcións que se realizarán as descritas no artigo 1º das bases de convocatoria. Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa estean integradas na bolsa de traballo como resultado da anterior convocatoria, posto que estas xa forman parte da bolsa de traballo. O persoal que acceda á bolsa mediante esta convocatoria incluirase nela a continuación da última persoa que forma parte da bolsa vixente nestes momentos. Os requisitos esixidos son os que aparecen no artigo 3º das bases de convocatoria, sendo entre outros estar en posesión da titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, no caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas. Dacordo coa resolución do 3 de novembro de 2015, da
Secretaría do Estado de Servizos Sociais e Igualdade, sobre acreditación de centros e servizos do Sistema para a Autonomía e atención á dependencia, posuír algún dos seguintes títulos ou certificados:
- O título de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería  establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, ou os títulos equivalentes que establece o real decreto 777/1998, de 1998, do 30 de abril.
- Título en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou o título equivalente de Técnico/a de Atención Sociosanitaria, establecido polo Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou, se é o caso, calquera outro título ou certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.Certificado de Profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real decreto, 1379/2008, do 1 de agosto. Certificado de Profesionalidade de Auxiliar de Axuda no Fogar, regulado polo Real decreto 331/1997, do 7 de marzo. Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas a Domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto. Estar en posesión do permiso de conducir en vigor clase B e dispoñibilidade de coche.
A documentación a entregar será a  esixida nas bases de convocatoria que se entregará na oficina de información do concello do Barco de Valdeorras, e que estarán tamén dispoñibles na páx. web do concello www.concellodobarco.org
A presentación de instancias farase no rexistro xeral do concello ou polas outras formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas no prazo de sete días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no “Boletín Oficial da
Provincia de Ourense” (10/11/16), sendo o horario de presentación de documentación de luns a venres: 9.00 a 14.00 horas. O mesmo día no que saia publicada a convocatoria do procedementono BOP de Ourense, as bases exporanse na páxina web do concello (www.concellodobarco.org), expóndose tamén anuncio da convocatoria e forma de obter copia das bases no  taboleiro de anuncios do Concello Vello (Praza do Concello, n.º1); no suposto de non ser posible publicar as bases o mesmo día que saia publicada a convocatoria no BOP de Ourense, entón o prazo de presentación de solicitudes comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación das bases na páxina web do concello.

Volver