CONVOCADA XUNTANZA DA PLATAFORMA SANITARIA DA COMARCA DE MONTERREI
Terá lugar o xoves, día 1 de decembro, ás 20 horas, nos locais da Casa Sindical de Verín
Dende a Confederación Intersindical Galega de Monterrei-A Limia facemos un chamamento a todas aquela persoas e organizacións que no seu día constituíron a Plataforma Sanitaria da Comarca de Monterrei, para informar que o próximo xoves, día 1 de decembro, ás 20 horas, nos locais da Casa Sindical de Verín se celebrará unha xuntanza da devandita Plataforma, co obxecto de analizar o estado e situación actual do servizo de saúde na nosa bisbarra. Como queira que nos últimos días veñen sendo frecuentes as voces de protesta entre @s usuari@s e os mesmos profesionais médicos polos recurtes que o servizo de saúde mantén dende fai tempo no persoal que traballa no hospital de Verín, nomeadamente no servizo de pediatría, que non conta cun/cunha pediatra especialista na atención ós/ás recen nados/as, que afectarán dun xeito tremendamente negativo na atención que se lle debe prestar á cidadanía comarcal, na CIG ntendemos que tal situación debe ser posta en coñecemento de todos os veciños e veciñas verineses e verinesas, para coordinar unha resposta a semellante desatino. Infelizmente sabemos que o obxectivo último da Xunta de Galiza non é precisamente o de garantir o funcionamento duns servizos públicos de calidade, senón todo o contrario; quen nos está a gobernar aposta por aparecer nas estatísticas estatais como a Comunidade Autónoma máis aforradora aínda que este suposto aforro supoña a destrucción e a precarización na práctica de servizos públicos tan esencias como a sanidade ou o ensino. Agora semella que a aqueles/as que cobran por velar pola nosa saúde deulles por pensar que é innecesario manter aberto un auténtico sevizo de pediatría no Hospital de Verín; claro que tamén é máis que probábel que nengún/nengunha das moitas ducias de nenos e nenas que cada ano veñen ó mundo neste hospital lles supoña ningún quebradeiro de cabeza.

