Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

CONVOCAN OPOSICIÓN NO CONCELLO DE VEREA

18 Xun 2018

É para unha praza de administrativ@

O concello de Verea fai público no BOP do 18 de xuño por acordo da xunta de goberno local con data 6 de xuño de 2018, a aprobación das bases e a convocatoria para cubrir unha praza de administrativ@ de administración xeral do concello mediante sistema de oposición libre.

Trátase da ferta pública de emprego correspondente ao exercicio do ano 2018, aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local con data 6 de xuño de 2018 e publicada no Boletín Oficial da Provincia, cuxas características son:
- Grupo: C; subgrupo: C1; escala: administración xeral; subescala: administrativo. Sistema de selección: oposición libre. A praza referida está adscrita a Secretaría - Intervención e as funcións que ten encomendadas son as seguintes:
Xestión da contabilidade por medios informáticos.
Xestións de documentos declarativos sobre os distintos impostos do concello, e remisión da distinta documentación, presupostaría, financeira e contable ó tribunal de contas, consello de contas, a administración do estado e administración autonómica, a través de medios informáticos
Xestión do padrón de habitantes por medios informáticos.
Información e atención ao cidadán de carácter xeral.
Rexistro de entradas e saídas de documentos.
Conformación e seguimento dos trámites administrativos dos expedientes.
Xestión integral de expedientes a través da Administración Electrónica.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver