CONVOCADO O PROCESO DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL DE VIXILANCIA E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Superando iste proceso obtense o recoñecemento das competencias profesionais
No DOG do 14 de xaneiro publicouse a ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, en Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Esta convocatoria inclúe 150 prazas para a cualificación profesional Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595 2)
Para a CIG a formación é o eixo principal para acadar un SPIF profesionalizado, versátil e estabél. Por iso voltamos a reiterar que esta cualificación profesional(tal e coma xa fixemos a través de varias PNL e documentos de achegas dirixidos á Consellería do Medio Rural) é a formación básica e axe ita da para o persoal bombeiro/a forestal do SPIF, xa que é a recollida no Real decreto 624/2013,de 17 de setembro,que establece os módulos formativos que debería ter todo o persoal englobado nesta categoría profesional e no Real Decreto 1031/2011, de 15 de xullo, onde se establecen as cualificacións profesionais que corresponden á Familia Profesional Seguridade e Medio Ambiente
As unidades de competencia desta cualificación profesional que se convocan son:
.- Executar labores de vixilancia e detección de incendios forestais, mantemento de infraestruturas de prevención e extinción, e informar a poboación(código UC1964 2)
- Executar operacións de extinción de incendios forestais(código UC1965_2)
- Realizar labores de apoio en continxencias no medio natural e rural( código UC1966_2)
- Asistir como primeiro interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia (código UC0272_2)
As persoas interesadas poderán realizar a súa inscrición dende o 15 de xaneiro ata o 11 de febreiro inclusive.As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado(código de procedemento TR305A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal . Opcionalmente, poderanse presentar, presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Na solicitude consignaranse as unidades de competencia para as cales se solicita a súa inscrición no procedemento Xunto coa solicitude as persoas participantes terán que achegar a seguinte documentación xenérica( os documentos serán copias cotexadas sen prexuízo do disposto na normativa aplicable, para os casos de presentación telemática) :
1. Historial persoal e/ou formativo no modelo de currículo europeo. Poderá utilizarse o modelo de currículo europeo que se inclúe como anexo IV desta orde
2. Vida laboral
3. Copia cotexada dos contratos de traballo ou da certificación da empresa onde adquirisen a experiencia laboral, en que conste, especificamente, a duración dos períodos de prestación do contrato, especificando claramente as actividades desenvolvidas e o intervalo de tempo en que se realizaron as ditas actividades. Para a certificación da empresa poderá utilizarse o modelo de certificación de actividades que se inclúe como anexo V desta orde
4. Copia da/das acreditación/s parciais de unidades de competencia ou módulos de formación que dean dereito á acreditación da/das cualificación/s solicitada/s(se se posúen). Nalgúns casos pode ser precisa a presentación doutra documentación segundo as circunstancias persoais:
- DNI(se non se autoriza a súa consulta)
- Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, naqueles casos en que o certificado non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta
- No caso de persoas voluntarias ou bolseiras, certificación da organización onde se prestase a asistencia, en que consten especificamente as actividades e función realizadas, as datas en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a estas
- As persoas solicitantes que acrediten formación non formal terán que achegar copia cotexada do documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretendan acreditar, en que consten os contidos formativos impartidos, as datas en que se realizaron, as horas de duración da acción formativa, a entidade que expide o certificado e o título da actividade de formación
- No caso de persoas estranxeiras copia do permiso de traballo (senón dispoñen da acreditación de residencia en España en vigor ou non autorizan a súa consulta). Se son cidadáns comunitarios certificado do rexistro de cidadán ou cidadá comunitario ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea ou, se é o caso, copia do pasaporte en vigor
Terán preferencia de acceso nesta convocatoria aquelas persoas que participaron en anteriores convocatorias do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais e teñan acreditada algunha das unidades de competencia das cualificacións en que solicita a súa inscrición e así o fagan constar na solicitude, na epígrafe de «outros documentos presentados

